
mov-s Galicia conta cunha nova actividade na súa segunda edición. Trátase dos testemuños artísticos. Os días 16 e 17 de xuño, ás 16.30h, os participantes do mov-s poderán profundizar no coñecemento dos procesos creativos dos artistas que conforman a programación artística do encontro.
Esta actividade está plantexada en formato entrevista. Personalidades internacionais do mundo da danza entrevistarán aos representantes dalgunhas das propostas artísticas que se propoñen para este edición do mov-s. Un novo xeito de achegarnos aos artistas e aos seus procesos creativos.
(ver a programación completa no apartado Programa).