PROGRAMMATION

17/06/2008 de 20:10h a 20:55h

Centro Coreográfico Galego - Ecdisis

Transformar poeticamente a Illa de San Simón a través dunha acción realizada por todas as persoas que visitan o lugar, cambiar a perspectiva da paisaxe. As noivas ao espirse e deixar os vestidos como a pel dun réptil, simbolizan a ecdisis da illa. Cambiar para renovar, renacer, asumir unha nova enerxía obxectiva dun presente inmediato, renovando o espazo empregando un acto psicofísico.



Duración: 45 minutos


Esta produción do Centro Coreográfico Galego, centro de creación, produción, formación e investigación para o desenvolvemento da danza en Galicia está dirixida polo coreógrafo Erick Jiménez.
Erick Jiménez realiza estudos de arte con especialidade en teatro, teoloxía e socioloxía, especializándose en danza contemporánea. Como profesional independente traballou con artistas da talla de Nandayure Harley, Will Swanson, Mikhail Bahrysnikov, Rami Levi, Will Menter, Pierre Bastien, Ramesh Tajal, etc.
En España ten colaborado con proxectos de danza como Neodans, Otradanza, Pisando Ovos, Enclave ou Entremans. Tamén desenvolve o seu traballo como docente impartindo workshops en festivais de relevancia internacional. Actualmente compaxina a súa carreira artística cos estudos de Ashtanga Yoga, Quiromasaxe e Osteopatía.
O Centro Coreográfico Galego é un centro de creación, produción, formación e investigación para o desenvolvemento da danza en Galicia. Un núcleo de diálogo e interacción cultural; un lugar que quere fomentar a interacción entre os artistas e o público achegando a arte á cidadanía dun xeito normalizado.



FICHA ARTÍSTICA


IDEA E DIRECCIÓN Erick Jiménez PRODUCIÓN Centro Dramático Galego INTÉRPRETES Ana Beatriz Pérez, Álvaro Esteban, Anna Calsina, Jordi Vilaseca, Hanna Shakti, Gabriela Máthè, Nuria Sotelo, Lenka Bartunkova, Natxo Montero, Henrique Peón, Erick Jiménez.

CONTACTO: secretaria.ccg@xunta.es (CCG)//dancemaker4@gmail.com (Erick Jiménez)//www.centrocoreografico.org

 


Espaces: Espacios Exteriores Isla de San Simón