
17/06/2008 de 19:50h a 20:05h
Cía Arraiana/Estela Lloves - Hoxe, na rua...
Hoxe, na rúa, peguei un golpe na cabeza e quedei aterrorizada: en lugar de sangue, saíu un pensamento propio. Qué é o que vou facer agora??!
Escoito conversas en espazos públicos e privados valeiras de contido, repetindo clichés de xeito automático, dando opinións con respecto ás novas do día que son repeticións do que din os medios. Medo a amosarse cómo un é, con o que un non sabe; intuíndo talvez que deixar paso á propia reflexión esixe un esforzo, unha responsabilidade para con un mesmo, e seica un non estar de “moda”. (Estela Lloves)
Duración: 15 minutos
Estela Lloves é nacida en Vigo e formada en danza e teatro físico con diversas compañías para as que traballou coma intérprete e co-criadora,en Santiago de Compostela,Madrid,Barcelona,Valencia,e Xapón.Ultimamente ten participado coma coreógrafa en dous proxectos de colaboración internacional en Brasil e Portugal. Actualmente, e tamén en calidade de colaboración, está a criar un dúo coa bailarina Tania Arias.
FICHA ARTÍSTICA
AUTORA DA COREOGRAFÍA E INTÉRPRETE: Estela Lloves
MÚSICA: Haendel “Mia cara sposa”
CONTACTO: estela.lloves@gmail.com
Espaces: Espacios Exteriores Isla de San Simón