PROGRAMMATION

17/06/2008 de 15:30h a 15:55h | de 19:20h a 19:45h

Mercé de Rande - Hana Bi (Flores de Lume)

A vida é unha contradición que diariamente se propón e se resolve… Dende a contradición cun mesmo até a contradición da creación artística. É un espectáculo de danza contemporánea, unha performance ou teatro físico? Un espectáculo vivo que vai gañando capas e estratos, facendo da representación parte do proceso de creación. Busco a verticalidade dende a escuridade, o simple feito de estar de pé e camiñar é xa unha contradición.


Duración: 25 minutos

Merces de Rande: formación diversa, internacional e multidisciplinar ; Teatro de la danza (Madrid), Forum-dança (Lisboa), CDC (Toulouse), CCNM (Montpellier), estuda técnica da danza contemporánea e creación (teatro, voz, vídeo, instalación sonora...) Destacan dos seus mestres : Vera Mantero, Nigel Charnok, Mathilde Monnier ou Thierry Bäe. En 2006 entra na compañía "Incidents Mémorables", París, especializada na aplicación das novas tecnoloxías á escena. En 2007 crea a súa compañía "Á Mercé das CirKunsTanzias" en Galicia.



FICHA ARTÍSTICA


AUTOR / COREOGRAFÍA / INTÉRPRETE / VÍDEO CREACIÓN: Mercé de Rande
MÚSICA: Xurxo Piñeiro DESEÑO DE SON: Xurxo Piñeiro + Mercé de Rande
DESEÑO DE VESTIARIO: Karin Müller, La Belle DESEÑO DE LUCES: Fidel Vázquez.


CONTACTO: amrande@gmail.com // www.mercelandia.versatile.ch

 

Espaces: Capilla Isla de San Simón